Vieiro finánciase e continúa “Creando saúde”

Segue collendo músculo financieiro a Asociación Vieiro para seguir espallando seus programas de preveción antidroga. O último apoio recadado chega da man de Caixabank, que fixo unha doazón de 5.000€ para a entidade, como rubricaron nun acordo asinado na oficia da entidade na rúa Valle Inclán.
Estas axudas permiten que a entidade desenvolva proxectos como o de Creando Saúde, que xa desenvolve en todos os CEIPs do Concello carballés. Un programa destinado ao alumnado de 5º e 6º de Primaria que comprende as idades entre 10 e 11 anos, que ten tres bloques: Primeiro analiza asuntos de habilidades persoales e sociais; despois informa sobre as drogas e as súas consecuencias; e por último outro bloque que reflexiona sobre o uso das novas tecnoloxías.
Este programa é impartido polo e as seguintes profesionais: Adrián López Agra (educador social), Dalia Vizcaíno (pedagoga) e Iria Villar Cancela (educadora social)