Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Vieiro leva a educación educación afectivo-sexual ás aulas carballesas

Vieiro Quereme Ben na ESO do IES Alfredo Brañas
Vieiro leva a educación educación afectivo-sexual ás aulas carballesas

Teñen que ser entidades como a Asociación Vieiro as que falen de sexualidade no ensino público. A carballesa arrincaba a semana pasada, dentro da programación no ámbito educativo, puxo en marcha o programa de educación afectivo-sexual: “Quereme Ben” co alumnado de 3º e 4º de ESO.

O obxectivo deste programa preventivo é incrementar o nivel de coñecementos, habilidades e desenvolvemento de actitudes que contribúan a elevar o nivel de saúde sexual da poboación adolescente, promovendo a redución de condutas de risco na prevención de embarazos non desexados, así como de enfermidades. de transmisión sexual.

“Quereme Ben” concíbese como unha ferramenta destinada a facilitar a posta en marcha de procesos de educación emocional-sexual, tratando de proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado adquirir habilidades para desenvolver unha vida emocional responsable, satisfactoria e igualitaria.

Comentarios