Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Voluntari@s do proxecto PLANCTON retiraron milleiros de tapóns, bastonciños, palliñas ou palos de chupachus nas praias de Carballo

Limpeza Placton en Baldaio
Voluntari@s do proxecto PLANCTON retiraron milleiros de tapóns, bastonciños, palliñas ou palos de chupachus nas praias de Carballo

Completa xornada de limpeza e concienciación a vivida este pasado sábado en Razo-Baldaio., O programa PLANCTON da Afundación, chegaba ata Carballo para promover unha sesión nos 4 km que unen Razo, Baldaio e Pedra do Sal.

Voluntarias e voluntarios desprazados ata o lugar recolleron máis de 80 quilos de residuos en apenas dúas horas de limpeza, fundamentalmente envases plásticos, así como outros obxectos do mesmo material pero de difícil identificación en canto á súa orixe, ademais doutra serie de útiles extraviados durante o exercicio da actividade pesqueira, como restos de redes enmarañadas, cabos e cabitos.
Máis alá dos kilos, chama a atención a cantidade de pequenos residuos que polo seu pequeno tamaño nalgúns caso, requiren un intenso labor de clasificación. Así, as voluntarias e voluntarios recolleron 1876 fragmentos plásticos de orixe indeterminada; 328 tapóns, 658 bastonciños, palliñas ou palos de chupachup; 1912 fragmentos de cordas, cabos redes e sedelas ou 145 envases de plástico, entre outros.

Limpeza Baldaio con AfundacionLimpando Baldaio coa Afundacion PlactonLimpeza de Razo con AFundacion

Comentarios