A mocidade muxiá comprométese coa limpeza de praias

10:38 24/05/21
Despois de deixar a praia de Lourido como unha patena, a rapazada da Asoc. Xuvenil Comarea volvía esta fin de semana aos areais. E non para tomar o sol precisamente. Estiveron limpando o lixo mariño da praia de Espiñeirido, unha das favoritas dos muxiáns, do Coído da cetárea e mesmo do río da Praia da Cruz, na zona da ponte.
En total, os 19 voluntari@s (o grupo de implicad@s vai medrando) liberaron ao areal de máis de 20 sacos de 100 litros, uns 15 de 30 litros, varios aparellos e outros obxectos grandes. “Menú completo”, bromean. “E o bonito, máis alá de liberar ó mar da contaminación humana, é xuntarse para coidar o lugar de forma colectiva”, sinalan dende a entidade.
Novas relacionadas
- Abril 21: “Lixo comarea, pero xa lonxe da praia”.
- Abril 2021: A praia de Lago, outra sesión para “mobilizar conciencias para coidar o noso mar”.
- Maro 2021: "É lamentable que a xente siga entrando, fumando e tirando as cabichas no Museo Xardín de Man”.
- Outubro 2020: 17 sacos grandes de lixo menos na ribeira do río do Porto.
- Agosto 2020: Comarea e Mar de Fábula uniron forzas e poesía para darlle brillo ao Coído de Cuño.