Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Volven os contacontos en francés á biblioteca do Rego da Balsa

Volven os contacontos en francés á biblioteca do Rego da Balsa
biblioteca-rego-balsa Os encontros están organizados pola asociación de Irmanamento de Carballo con L'isle Jourdain en colaboración co concello As cores foron as protagonistas dun novo contacontos en francés do que puideron gozar os nenos e as nenas de Carballo grazas ao encontro organizado pola asociación de Irmanamento de Carballo con L’isle Jourdain en colaboración coa concellaría de Cultura do Concello de Carballo. Os espectadores experimentaron en primeira persoa como, mesturando as cores básicas, poden crear outras diferentes. Tamén houbo tempo para cantar, bailar e descubrir as historias de “Mon Papá” e “Zaki le Zèbre”. A actividade está coordinada pola presidenta da asociación, Ana Cancela, quen aproveitou a ocasión para invitar ás familias a participar nas actividades promovidas polo Irmanamento. Tamén participou na actividade Isabel González, nativa de Xenebra. Ao longo deste ano esta actividade terá unha periodicidade mensual e desenvolverase, como vén sendo de costume, na biblioteca Rego da Balsa de Carballo. As próximas citas son os sábados 20 de outubro, 17 de novembro e 15 de decembro, sempre ás 11:30 horas. O obxectivo desta iniciativa é promover a aprendizaxe da lingua francesa desde idades temperás e ir alimentando a semente que dará froito ao relevo xeracional. A entidade continúa coas súas actividades anuais orientadas a adultos: café conversación e club de lectura.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios