Xaquín Silva expón os seus "Antiarretratos" no Garabato

Este domingo 27 de outubro, ás 13:30 horas (sesion vermú) o Estudo Garabato de Carballo, acollerá a exposición "Antíarretratos" de Xaquín Silva.
"Antiarretratos" é unha seria fotográfica onde se presenta varios puntos de vista sobre un mesmo plano, como no cubismo: lateral, frontal e diagonal. Cada imaxen que o autor presenta nesta exposición son independentes, tomadas moi de preto con lentes de aproximación, e aplicada a un só rasgo ou sección da cabeza. Tomadas con luz natural, sobre filme de 400 iso e non tratadas dixitalmente. As ensamblaxes false principalmente pero non necesariamente a seguir as liñas de definición ou construcción anatómica: rictus, pálpebras, beizos...
Xaquín Silva, ourensán, estudos de filosofía en Santiago. Residiu en Madrid, Bruxelas, Ourense e actualmente na Coruña. Ten varias publicacións de poesía en Castelán e Galego. Entrou na fotografía casualmente en Bruxelas sendo organizador de actividades para o público que precisaba rexistrar documentalmente. Foi discípulo dos fotógrafos Nicolás Springael e Xabier Meizoso. Adoita traballar por series ou coleccións: “Parellas” “Entre figuración e abstracción” “Refugallo” “Na cidade” “Danza” “Aves, naves, nuves” (en proxecto) e nesta ocasión, na sala Garabato de Carballo, “Antíarretratos”, retratos con punto de partida no cubismo. Ten exposto en Arte 3, Agosán e Parque, en Ourense (“Antíarretratos”); recentemente, en Laboratorio Escénico Coop. e Maicart na Coruña (“Antíarretratos”, “Danza”; proximamente farao no Centro Cívico de Montealto (“En Montealto”) e en Manchea (“Na cidade”).
Publicou na revista Animal, de ed. Positivas, “On the road ” e “Off the road”, mostras de “Refugallo”, animais contra o firme e autos no desguace.