A renovación do alumeado público permitiralle ao Concello de Carnota aforrar 90.000 euros anuais
Como vén facendo coa meirande parte dos concellos do estado, o Ministerio de Transición Ecolóxica e o IDAE continñuan co seu Plan de renovación integral do alumeado. Como ratificaban onte na Deputación da Coruña nun convenio Valentín González Formoso, Mercedes Noceda e Juan Manuel Saborido Rama, o seguinte será o Concello de Carnota, que recibirá 1,3 millóns de euros.
O proxecto, presentado xa o pasado mes de maio de 2021, permitirá renovar 2.336 luminarias (que teñen máis de 30 anos) con tecnoloxía LED e renovaranse 51 cadros de luz. Deste xeito Carnota aforrar arredor dun 60% na súa factura eléctrica, que supón un gasto de case 150.000 euros anuais, que se está incrementado coa alza dos prezos da luz. É dicir, o investimento permitirá aforrar 90.000 euros anuais.
Moa lembrou ademais a importancia de baixar tanto as emisións de CO2.
Novas relacionadas
- Cabana tamén recibe unha subvención de 1,6 millóns para a renovación do alumeado público.
- Carballo fachendea na feira Enerxétika de concello pioneiro na implantación da tecnoloxía led ao alumeado público.
- Vimianzo comeza a renovación dos 4.000 puntos de luz que hai nos seus 133 lugares.
- Carnota e Dumbría renovarán todo o seu alumeado para aforrar o 70%.