6 praceiros escollidos entre todos os Mercados da Costa da Morte

09:16 28/06/13

Que tesouro temos na Costa da Morte cos mercados municipais, prazas de abastos, feiras semanais... Esas señoras que baixan ás feiras cos seus produtos da casa, e eses postos nos mercados coa praceira de toda a vida que tanto nos coida. Pois para darlle un recoñecemento, a Xunta sacaba este ano unha campaña chamada Presume de Praceiro, a través do cal os clientes levamos votando pol@ nos@ praceir@ favorit@ durante un par de meses.
S eo vindeiro 1 de xullo coñeceremos ao "mellor praceiro de Galicia" tendo en conta criterios como a antigüidade no posto ou o relevo xeracional, polo de pronto xa sabemos que praceir@s foron recoñecidos na Costa da Morte. Estes son os 6 galardoados:
- En Cee: Carnicería Benigno;
- En Fisterra: Mª del Carmen Rivera Espasandín;
- En Corcubión: Manuela Isabel Álvarez;
- En Carballo: Carnicería Santiago;
- En Malpica: Pescadería As Pilaras;
- En Laxe: Carnicería Tino.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).