Xoves. 01.10.2020
El tiempo

A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden

A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden
Manifestacion por Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintans Concentración en Cee en defensa dos postos de traballo de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintáns Rememorando aquelas mobilizacións contra o Plan Acuícola ou pola ITV, a veciñanza da comarca de Fisterra respondeu á chamada dos traballadores de Ferroatlántica. Ao son de berros como "As nosas centrais non se venden", "Feijoo escoita, a Costa está en loita", "os ríos son nosos, non de Villar Mir", centos de persoas concentráronse en Cee en contra da segregación das actividades de produción hidroeléctricas e ferroaliaxes. A comunidade costeira esíxelle á Xunta que faga efectiva a concesión que une ambas actividades ao Grupo Villar Mir. Parece que a bisbarra é consciente do drama que suporía un hipotético peche das fábricas de Cee e Dumbría, algo que moitos vén inevitable no caso de ter lugar esa venda e perder a vantaxe estratéxica que supón o control da produción hidroeléctrica do río Xallas. A deslocalización podería provocar un peche progresivo das fábricas. Non faltou a cidadanía, e tampouco a clase política social. Membros de todos os partidos deixáronse ver na Praza 8 de marzo de Cee. Foron a poeta Rocío Leira e o actor Toño Casais os que leron un comprometido manifesto, que recordaba a obriga da comunidade á mobilizarse para intentar evitar que a globalización deixe á comarca sen a fonte dun 25% do seu PIB, algo que afectaría moito máis alá que a esas 300-400 familias directas. A loita continúa. As pancartas deixan claro que a comarca non permite a venda das centrais hidroeléctricas-Foto-Rafa Quintáns As pancartas deixan claro que a comarca non permite a venda das centrais hidroeléctricas-Foto-Rafa Quintáns

O Manifesto

manifestacion-por-ferroatlantica-foto-rafa-quintans-7 Toño Casais e Rocío Leira lendo o manifesto manifesto-ferroatlantica-1 manifesto-ferroatlantica-2 manifesto-ferroatlantica-3 manifesto-ferroatlantica-4 manifesto-ferroatlantica-5 manifestacion-por-ferroatlantica-foto-rafa-quintans-6 manifestacion-por-ferroatlantica-foto-rafa-quintans-7 manifestacion-por-ferroatlantica-foto-rafa-quintans-7 manifestacion-por-ferroatlantica-foto-rafa-quintans-4 manifestacion-por-ferroatlantica-foto-rafa-quintans-7

Artigos relacionados

Novas do #CasoFerroatlántica

  Fonte

comentarios