A Costa prepárase para un San Martiño de peóns e verbenas
Triple cita cas Festas de San Martiño na Costa da Morte. Se en moitas aldeas chegaralle o San Martiño ao porco de turno (e a máis que lle debería tocar), hoxe imos ata 3 parroquias que preparan as festas. Pero tamén collemos o peón e o botamos a rodar, pois xa se sabe o dito popular "Polo San Martiño, volta o peón ao Camiño".
Antes de ir ata Lariño (Carnota), Olveira (Dumbría) e Vilaseco (Vimianzo), pasamos, peón en man, por Ponteceso.
Peóns a rodar en Ponteceso
Se o ano pasado foron varios os concellos e escolas, que nos informaron de actividades arredor do xogo tradicional coincidindo co San Martiño, este ano só sabemos as que artella o Concello de Ponteceso, que prantexa un fermoso I Festipopeóns para o sábado 12 de novembro.
Lamentamos iso si, que estas propostas non sexan máis habituais na bisbarra e comprobamos de novo, tristemente, que o patrimonio lúdico galego está en perigo de extinción.
Festas en Lariño
Por Lariño xa se preparan para as Festas do San Martiño que inundarán a parroquia carnotá durante os 11 e 12 de novembro. Se cadra as máis importantes do mes, e traen triple verbena para o venres, coa Panorama como gran reclamo así como un sorteo de 600€. Para o sábado tocan a Metrópolis e a Master. Todo, como con, con carpa, que non estamos en tempos.
Festas en Vilaseco
A parroquia vimiancesa de Vilaseco celebra festas do San Martiño estes 11 e 12 de novembro. O venres teremos ás orquestras Aramio e Diamante, mentres que o sábado tócalle o turno a Verano Azul. Haberá carpa.
Festas en Olveira
A Comision de Festas de Olveira organiza os venres 11 e sábado 12 Olveira as Festas na Honra de San Martiño. O venres 11 a sesión vermú e a verbena estarán amenizadas coa Orquesta Xente Nova. Para o sábado, a sesión vermú será da man da Orquesta Atenas, e a verbena será amenizada coa Orquesta Atenas e como non, coa Disco Móbil CDC.
Lembrade que haberá CARPA todos os días.
Máis información
Novas relacionadas
- Os peóns saltan ao camiño en Ponteceso.
- San Martiño 2010: A revolución do trompo chegou a Corcubión.
- Coidamos na Costa do patrimonio lúdico galego? .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).