![image]()
A Ecopatrulla anda estes días pola Costa da Morte.
Primeiro visitou a praia de Razo e o vindeiro mércores, 24 de agosto, estará en Carnota.
De 12 a 14 horas e de 16 a 19:00 horas, unha unidade móbil da campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" estará na praza Verde de Carnota - diante do Concello -. Haberá inchables e tamén dous monitores que darán información sobre a separación de residuos.
Esta iniciativa consta dunha primeira fase que se iniciará co desenvovlemento de accións en praias, e deste xeito intentar mellorar a conciencia ambiental da veciñanza e motivar a súa colaboración na correcta xestión dos residuos municipais.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Carnora