Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Escola de Música volve encher o Salón de Plenos de Carnota

A Escola de Música volve encher o Salón de Plenos de Carnota
Mais de 200 persoas para ver a Escola de Musica de Carnota

Unha vez máis o salón estivo ateigado de xente para ver aos artistas municipais en pleno directo, onde non collía nin unha formiga. I é que o poder de convocatoria da Escola de Música de Carnota é espectacular. Nin a Panorama case move tanta xente!

Con puntualidade inglesa, os presentadores arrancaron ás 19:00h co espectáculo. Empezou a actuación da Coro Infantil da ESMU de Carnota, grupo de nenos e nenas dende 7 anos, que levantou os primeiros aplausos. Dende aí, os artistas fixeron pasar ao público por diferentes épocas e estilos, posto que houbo recitais de música clásica, pop, jazz, rock e folk.

O máis salientable deste festival foron as actuacións grupais, xa que apenas houbo solistas. Máis de 15 guitarristas, as pandereteiras que fixeron un excelente repertorio popular, un combo de jazz deixou ao público adulto coa boa aberta, os combos de rock e pop non fallaron, un combo folk, grupos de rapaces á percusión, o grupo de música tradicional, a Coral Polifónica da Escola de Música, a Orquestra Orff con 24 neno/as e como colofón unha animadísima interpretación de “Cien gaviotas” de Duncan Dhu, da man dos cinco mestres, mostrando unha vez máis a súa unión.

Ao remate os asistentes felicitaron aos mestres pola gran laboura feita e conseguida, coa promesa de estar na primeira quincena de setembro de volta para as matrículas. Finaliza así un curso máis con óptimos resultados, e no que o elenco de profesores quixeron agradecer o comportamento de pais e nais e alumnos cunha carta de despedida:

  • “Remata o curso 2013-2014 na Escola Municipal de Música. Foi un curso sen ningún tipo de novidade. Os mestres estamos moi contentos e moi orgullosos de que, a pesar de toda a crise que se está vivindo, a Escola de Música siga sendo un referente no Concello e na Comarca da Educación Musical e non baixe o seu ritmo nin o seu alumnado.
    Con máis de cen alumnos/as de todas as idades, chega ao seu fin un ano académico sen sobresaltos, sen queixas, sen problemas. Non podemos deixar pasar a ocasión de agradecervos a todos/as (pais e alumnos/as) o bo facer, o entendimento, o sempre bo estado de ánimo, o esforzo e o sorriso que sempre nos facedes chegar e nos transmitides. Moitas gracias.”

    Agora, xa pensan no curso que vén, e as inscricións para o seguinte curso 2014-2015 na primeira quincena de setembro no Concello, no departamento de Cultura e Deportes.

    Novas relacionadas

    Fonte

    • ESMU Carnota.

Comentarios