luns. 11.11.2024
El tiempo

O Colectivo Carnota comeza cos seus DAI, Días de Aprendizaxe e Inspiración

Javi Boquete DAI Colectivo Carnota
Javi Boquete ofrece este sábado a primeira DAI do Colectivo Carnota
O Colectivo Carnota comeza cos seus DAI, Días de Aprendizaxe e Inspiración

”Moita xente que atopou Carnota como un lugar de paz onde as cousas flúen”. Así, paseniño avanza o Colectivo Carnota, un grupo de xentes comprometidas que queren dar solucións a 8 grandes problemáticas que sofre o paradisíaco concello costeiro.

Andan por aí novas emprendoras como Javier Boquete, Alba Fdez. da Maceta, a coach italiana Stefania Montagna, Santi e Nuria que están a montar unha nova axencia de marketing dixital na zona… ou veteranos activistas como Sven e Alicia, Nacho Porto ou o noso Nando Lestón.

Así, a súa idea ir facendo eventos e accións que axuden a mellorar o eido cultural, o sociail, o medioambiental, o educativo, así como a fomentar o emprendemento, e axudar a crear unhas prácticas envecellecemento e de traslado interxeracional.

Xa teñen realizado accións medioambientais con AliVavá, obradoiros de cestería… e este sábado 2 de marzo arrinca o seu proxecto DAI, Días de Aprendizaxe e Inspiración, que combinarán charlas técnicas sobre emprendemento con outras máis inspiradoras.

Será Javier Boquete, medio de Zas e medio da Coruña, asentado dende hai un ano en Carnota, o que comece cunha sesión inspiradora alentando o talento emprendedor. Será ás 11:30h no Local Social de Cornido, morto ata a chegada do colectivo.

Boquete leva xa unhas semanas traballando cun grupo de 8 alumnos e alumnas do IES de Carnota, facendo ver que non hai que saír fóra para formarse ou emprender. Está axudando a crear un proxecto emprendedor desestacionalizador, para ter unha saída real, profesional, cando acaben a súa formación, e que sirva para fixar poboación.

Boquete, un persoeiros que denunciaron a marea de pellets a través das redes considera mpo positiva para Carnota esta clase de xuntanzas. “tratamos de que emprendedores de toda a Costa da Morte e a Barbanza, se visibilicen e se axuden entre eles, para facer un tecido emprendedor un pouco máis forte, explica.

Comentarios