A rapazada de Carnota intercambia experiencias Cos Amig@s de Castrelo de Miño e Moeche
Continúa en marcha o fermoso proxecto acreditado por UNICEF “Carnota Amiga da Infancia e da Adolescencia”. E faino neste mes de febreiro cunha xornada de intercambio de experiencias con dous dos concellos galegos que tamén foron recoñecidos por UNICEF: Castrelo de Miño e Moeche.
Esta xornada, que se celebrará este sábado 2 de febreiro, leva o nome de “Somos o futuro” e pretende abrir pontes e traballo compartido entre os tres concellos.
”A idea é crear espazos de traballo nos que a rapazada intercambie experiencias e profunde no funcionamento dos Consellos de Participación Infantil e Adolescente”, explícanos Reyes Quintela, responsable municipal do proxecto.
O Salón de Actos municipal acollerá un obradoiro con representantes do Consello Municipal de Participación de Carnota (asociacións, comunidade educativa e persoal técnico e político), e un intercambio de experiencias coa rapazada e adultos. Pola tarde, no Local Vintepicopés haberá unha dinámica de participación coa rapazada.
A participación require inscrición previa no Departamento de Servizos Sociais do Concello. Tfno: 981 85 70 32.
Novas relacionadas
- Outubro 18: UNICEF acredita o proxecto de Carnota como Concello Amigo da Infancia.
- Setembro 18: Carnota crea o Consello de Infancia e Adolescencia.
- Abril 18: Muros pon en marcha a súa Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero.
- Marzo 18: Carnota quere ser “Amiga da Infancia e da Adolescencia”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).