Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A última taberna

rptnb
O Augusto
A última taberna

Entrar na Taberna de Quilmas é como trasladarse no tempo. A Taberna do Augusto, antes foi a “Taberna da Palmira”, vive no século XIX. E que non cambie porque é un tesouro etnográfico dos que xa non existen.

Non é un falar dicir que leva máis de 100 anos aberta, como o ultramarinos de sempre. Nós tivemos a sorte de coñecer a Palmira aló polo 2008-2009, cando aínda estaba viva e contaba, paseniña, nese sssuave silbar que teñen as de Quilmas (como ben pon en valor Guadalupe no seu Conto), a historia do seu home.

Taberna de Augusto de Quilmas 2

Porque seu home, e polo tanto o pai do Augusto Castro, foi "O Catelo", Antonio Castro Rordríguez, un dos líderes daquela historia de película que foi a do As de Sel. Precisamente quedamos na Taberna para falar dese episodio da postguerra con xentes como Xil Caamaño, Manuela da Palmira (a cuñada do Augusto) ou Xoán Rodríguez, sobriño do Marrolas, e mentres conversamos, Augusto, habitalmente seco pero retranqueiro, vai apuntando detalles que se vai acordando.

A día de hoxe, aquel ultramarinos segue igual en canto á imaxe, pero reconvertido en bar de moda. Se polo día pasan as xentes de sempre a tomarlle o chiquito e charlar con Augusto na barra, as noites da fin de semana o bar énchese de rapazada ata ben entrada a madrugada. E mellor non contar como foi o confinamento pola taberna… ;-)

Taberna de Augusto de Quilmas 3

Taberna de Augusto de Quilmas 1

”Sabes que triunfaches cando saes no taboleiro de anuncios de Cas Anjusto de Quilmas”, contábanos orgullosa a propia Guadalupe uns días antes da presentación do Conto de Quilmas

Taberna de Augusto de Quilmas 4

Comentarios