A Xunta salienta ao Monte Pindo como un dos puntos xeolóxicos máis importantes do país


Parece que a Xunta segue na liña conservacionista para co Olimpo Celta que nos deixou ver hai uns meses. Se a comezos de febreiro o PP rexeitaba no Parlamento a catalogación do Monte Pindo como Parque Natural, a finais deses mesmo mes a Xunta recibía a unha expedición da Asociación MPPN e mais ao alcalde de Carnota para achegar posturas. Unha xuntanza que deixaba con bo sabor de boca aos proteccionistas, que voltaron con “satisfacción e esperanza”.
Esta semana, a Xunta amosaba de novo a súa admiración por esta mole granítica. A exposición "Gallaecia Petrea", promovida pola Consellería de Educación e Cultura, e que serve para inaugurar o Museo de Galicia, estará presidida durante 6 meses por unha imaxe xigante do Monte Pindo, que como nos contan dende a Asociación, "impón a súa presenza mística e sobrecolledora ao conxunto da exposición, do mesmo xeito que o fai fisicamente deste hai tempos inmemoriais a toda a Costa da Morte".
A imaxe, en branco e negro, mide 10 metros de longo por 1,5 metros de alto, e xa viu pasar por debaixo do cumio granítico de 350 millóns de anos de antigüidade a miles de persoas, entre eles os máximos responsábeis da súa futura declaración como Parque Natural, o Conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández e o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Ademais, o Monte Pindo é salientado e valorado dun xeito especial noutros puntos da exposición asi como nos folletos impresos. Ningún outro accidente xeográfico do territorio galego conta con semellante proxección no evento, que novamente recoñece o Monte de Carnota como un dos puntos xeolóxicos máis importantes do país e do mundo.
Cómpre destacar que o organizador da exposición non é outro que Vidal Romaní, un amante do Olimpo Céltico.
Esperemos pois que estas loubanzas se convirtan en feitos.
Máis información
- Editorial: Monte Pindo: Parque Natural?.
Novas relacionadas
- IV Encontro Monte Pindo: sendeirismo, historia, música e gastronomía.
- As VII Xornadas de Pesca do Pindo Mariño recuperan un Mar de recordos.
- Unha moeda de Alfonso X achada no Monte Pindo.
- Os voluntarios recuperarán a Torre dos Mouros.
- A recuperación do Camiño das Peixeiras descobre outro Outeiro das Cacholas.
- Un gran castelo chamado Monte Pindo.
- Descobren un terceiro castelo no Monte Pindo formando unha gran fortaleza amurallada.
- 14-04-12: Un berro polo Parque Natural no Monte Pindo Xa!.
- 24-02-12: A Xunta dá un paso adiante cara á declaración do Monte Pindo como Parque Natural.
- 02-02-12: O Monte Pindo non será parque natural…por agora.
- 01-02-12: O Parlamento proporá este xoves declarar o Monte Pindo Parque Natural.
- 06-11-11: Pintadas na Ermidaf: Berro seco na defensa do Monte Pindo.
- 04-07-11: O Carballo anano do Monte Pindo entra no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
- 11-03-11: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 25-10-10: Nace a Asociación Monte Pindo Parque Natural .
- 02-03-10: Unha canteira comerase parte do Monte Pindo .
- 17-08-09: O agora e o antes do piñeiral da Moa .
- O Prouxiarado: Un Parque Natural para todas e todos.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).
- Asociación Monte Pindo Parque Natural.