Venres. 29.03.2024
El tiempo

Acabou o inferno. Toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar

Acabou o inferno. Toca traballar na recuperación, reflexionar e investigar
Asi quedou a zona dende o Mirador do Ezaro-Foto BRIFpradotwit
  • Última hora: EXTINGUIDO desde as 20:01 horas #IFCarnota. Última estimación de superficie afectada: 2.377,32 ha.

Por fin. Parece que esta noite os veciños dos Concellos de Carnota, Dumbría e Mazaricos poderán durmir. Alomenos non terán que estar pelexando cas lapas para salvar as súas casas. Aparecíu o orballo a primeira hora da tarde, e a Xunta emitía pouco antes das 19:00h no que informaba de o #IFCarnota quedaba "controlado". A última estimación oficial de superficie: 2.300 hectáreas, tantos como campos de fútbol, en tanto que se fai a estimación, non de todo correcta, de que 1 ha equivale a 1 campo.

A desfeita é descomunal. Non só é o incendio máis devastador do verán en Galicia, senón que está entre os primeiros de toda España.
Hai apenas un par de semanas ducias de países disfrutaban da beleza salvaxe da Costa da Morte ao paso da Vuelta, e estes días os telediarios abren as novas con esta desfeita, coa pantasma dos culpables no foco.

Asi quedou a zona pegada ao mar entre A Curra e Quilmas-Foto-David Trillo Gallego

Agora traballar na recuperación, reflexionar e investigar. Compensa mobilizar 2 técnicos, 57 axentes forestais, 102 brigadas, 51 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros, 8 avións e efectivos da UME para sofocar un incendio no canto de traballar ben a prevención? Se moitos veciños aseguran saber quen anda detrás dos lumes, por que non se denuncia? Por que non se investiga de verdade?

A Xunta asegura que "redobrará os esforzos para identificar os incendiarios e poñelos a disposición xudicial”. Insistiu na colaboración da sociedade para atopar aos culpables, pois “nin a calor nin o vento producen os incendios, senón a man do home". Agora toca atopalos.

E toca traballar, traballar na recuperación medioambiental rapidamente. En canto cheguen as chuvias as augas do Río Xallas, da Ría de Corcubión e da Berberecheira de Caldebarcos, pode sufrir as consecuencias da disolución das cinsas.

Agora toca pensar se realmente se é mellor un despliegue así ou traballar a prevención. Precisamente por iso consideramos que a declaración do Monte Pindo como Parque Natural (máis alá de non compartir posicións demasiado políticas da Asociación que o promove con tanta forza) é fundamental, para protexer os espazos e poder evitar esta clase de catástrofes.

E por iso, e entendendo a postura de moitos veciños do Pindo que non queren o Parque, cremos que é o momento de berrar máis alto que nunca polo Parque Natural, pola conservación destes paraxes naturais, que son o noso meirande tesouro, e que poden convertirse, aínda máis, nun auténtico motor económico.

Máis información

Novas sobre o #IFCarnota

Comentarios