Controlado o grave incendio en Quilmas que arrasou 70 hectáreas
- Última hora (18:00): O Incendio quedou "controlado" tras arrasar unha superificie de 70 hectáreas.
- Última hora (14:30): O incendio está "estabilizado" tras arrasar 50 hectáreas.

Esta mañá de domingo estase dando un incendio grave en Quilmas, O PIndo, Carnota. Un incendio que xa superaba ás 12:00h as 20 hectáreas, provocando o peche da AC-552 nalgún momento.
Efectivos forestais, ademais do GES de Muros, Protección Civil, Policía Local coordinan o dispositivo.
O incendio xa calificado pola Xunta #IFOPindoCarnota coincide cunha xornada de forte vento de nordés. Por momentos varias casas de Panchés quedaron moi preto do lume.
#IFOPindoCarnota 11:30
— Incendios galicia (@Incendiosgalic1) September 6, 2020
📹desconocemos autor pic.twitter.com/O6m4e1Si9G
Grave incendio en Quilmas, que xa está chegando as casas... O xa calificado pola Xunta @IFOPindoCarnota, supera as 20 hectáreas.@Incendiosgalic1 @incendios085 pic.twitter.com/DQEbUz2q8l
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) September 6, 2020
Fotos de Vicente Bernal
#ifCarnota #vafuerte pic.twitter.com/R5Vt8qEEGf
— Fran Pequeño (@casillas_peke) September 6, 2020
INCENDIOS 2020
- 10-08-2020: Noites de incendios en Muros e Carballo.
- 05-08-2020: Controlado un incendio entre Suxo e Riotorto.
- 24-07-2020: Outro incendio tivo en vilo a Dumbría.
- 21-07-2020: Controlado un incendio forestal en Fisterra, onde xa arderan 130 hectáreas o ano pasado.
- 19-07-2020: Os gaiteiros de Axio Mouro cambiaron gaitas por mangueiras para sufocar un incendio.
- 17-07-2020: A Garda Civil detén un mozo polo incendio de Berdoias.
- 15-07-2020: Extinguido un incendio en Berdoias tras calcinar 25 hectáreas
- 07-07-2020: A parroquia de Montouto sobre o terceiro incendio nos últimos meses
- 01-06-2020: Un incendio forestal arrasou 13 hectáreas arredor da Punta Nariga.
- 05-04- 2020: Mazaricos sofre o segundo incendio da corentena.
- 31-03-20: Os Bombeiros conseguen extinguir un incendio en Santa Comba a pesar do forte vento.