Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Apoio multicolor á pesca de baixura

Apoio multicolor á pesca de baixura
Nova concentracion en Corcubion pola pesca de baixura e sostible-Foto-Alex Lopez

Pedía esta semana o BNG apoio municipal ás reivindicacións da pesca de baixura artesanal da Costa da Morte. E parece que a resposta está a ser completa. Este pasado sábado 29 de novembro os alcaldes de 3 concellos da zona, un de cada cor política, estaban presentes na cuarta concentración de mariñeiros no porto de Corcubión.

Francisco Lema, Chisco, alcalde de Corcubión, do PSdG, Zaira Rodríguez, alcaldesa de Cee, do PP, e Moncho Noceda, alcalde de Carnota e do BNG (tamén estivo presente a CIG), achegáronse ao peirao corcubionés para apoiar as demandas do sector. Un sector, desta volta completamente unido, como o corraboraron as máis de 300 persoas que ateigaban a lonxa, para escoitar o falar ao patrón maior de Corcubión, entre outros.

Unha unidade, unhas manifestacións, que foron secundadas en ducias de vilas de todo o litoral costeiro, onde se celebraron eventos semellantes, baixo o mesmo lema: “Pesca sostible: O noso futuro e o de todos”.

Precisamente, esa idea reflexouse á perfección coa presencia de familias enteiras, dando conta da importancia da pesca artesanal na sociedade galega. Son milleiros de familias as que dependen deste sector, clave económica do pais, a pesar da falta de apoios nas políticas galegas, estatais e europeas.

Os alcaldes de Corcubion Carnota e Cee apoiando a baixura da Costa da Morte-Foto-Alex Lopez

Petición de sinaturas online en charge.org

Paralelamente, a Confraría de Pescadores Virxe do Carmen de Corcubión veñen de publicar unha colleita de sinaturas na mesma sintonía, pola defensa da pesca sostible e apola eliminación do arrastre de fondo.


Novas relacionadas

Fonte

Comentarios