Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión

A pesca artesanal álzase contra o arrastre con concentracións en Corcubión
Manifestacion en Corcubion contra a pesca de arrastre

Uns 200 mariñeiros acodiron á chamada da Confraría de Corcubión para manifestarse contra os privilexios da pesca de arrastre, contra as políticas europeas restritivas ca pesca do xeito e en defensa da pesca artesanal. Unha pelexa que xa leva sendo unha realidade dende a Costa da Morte varios anos, loitando por manter os milleiros de postos de traballo que crea a pesca de baixura en toda Galicia. Unha baixura que crea moito máis emprego que o resto de sectores da pesquería.

O diferente trato de favor das autoridades para cos arrastreiros e para coas pequenas embarcacións é un dos cabalos de batalla. Critican que a Xunta non apareza cando os arrastreiros chegan a porto, e iso que son eles os grandes exprimidores dos fondos mariños.

Mariñeiros de toda a bisbarra uniranse cada sábado no peirao corcubionés para facer sentir a súa voz.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios