Mércores. 01.05.2024
El tiempo

A pesca artesanal pide sardiña

A pesca artesanal pide sardiña
Barcos de pesca artesanal no porto de Fisterra

Xa nos avisaban a finais de setembro, que o peche da sardiña estaba a poñer contra as cordas ao sector do xeito. Hoxe, a Asoar Armega envía un comunicado sobre a necesidade de modificar o plan de xestión da sardiña, que non ten en conta as pequenas pesquerías artesanais, e na que se fai constar que o cerco é a única flota autorizada a capturar esta especie.
Unha Asoar que estará este vindeiro sábado na nova concentración de mariñeiros no porto corcubionés.

Da Orde xesticulada para a xestión da pesqueiría da sardiña no Cantábrico Noroeste, chama a atención que non se tiveran en conta outras flotas tan importantes na nosa comunidade como o “xeito” e cuxa especie obxectivo da arte é a sardiña, así como outras artes artesanais fixas, que como a veta, pode capturar esta especie de forma accidental. De feito, consideran dende Asoar que “o artigo leva a conclusión, tal e como así se expresa, que a única flota autorizada a capturar sardiña é o cerco, deixando en total desamparo a outras flotas que tamén teñen incidencia na especie, de forma especial o xeito, afectando á continuidade da actividade dunha flota da que dependen centos de familias e que ten unha gran importancia socioeconómica nalgunhas comarcas costeiras”.

Consideran que “esta orde debe ser revisada e modificada de inmediato para dar continuidade a pesquería da sardiña coa arte do xeito, unha arte que nos últimos meses se encontra en grave perigo de desaparecer”.

Resposta da Comisión Europea

Asemade, cóntannos dende a ASOAR as xestións levadas a cabo pola entidade en distintos estamentos, sobre todo en Europa, “para tumbar a proposta de prohibición de artes de deriva que inclúe o xeito”. Ademais de ducias de cartas aos Parlamentarios, por exemplo, o Presidente da Comisión de Pesca respondía, consciente da situación do xeito, que “estamos buscando unha solución para modificar a proposta da Comisión sustancialmente na Comisión de Pesca no Parlamento, polo que é máis equilibrado e ten en conta as diferenzas rexionais entre as rexións marítimas europeas. Vou ser moi activo neste dossier e defender a pesca a pequena escala con redes de deriva”.

Ademáis, e a través da Plataforma Europea de Pescadores de Baixo Impacto (LIFE), da cal a Asoar forma parte, tamén se ten feito este mesmo traballo tendo solicitado xa varias reunións con distintos europarlamentarios e mesmo co Ministro de Pesca para poder trasladarlle estas peticións, loitando así pola continuidade dunha arte tan particular como ancestral como é a arte do xeito.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios