Martes. 11.08.2020
El tiempo

Arrinca o curso con novas escolas infantís en Carnota, Fisterra e Mazaricos

Arrinca o curso con novas escolas infantís en Carnota, Fisterra e Mazaricos
Chegou o día. Na xornada de onte, mércores 5 de setembro, comezou o curso nas escolas infantís de A Galiña Azul, das que varias están situadas na Costa da Morte. Os rapaciños de entre 0 e 3 anos contan neste novo curso con dúas novas escolas na bisbarra. Falamos das de Carnota e Fisterra, que se estrean neste mes de setembro. Ademáis, outra escola chegará á nosa zona a finais do vindeiro mes de outubro. Será en Mazaricos. A escola está arestora na última fase das obras.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

comentarios