Luns. 18.01.2021
El tiempo

Arrincan as actividades deportivas en Carnota

Arrincan as actividades deportivas en Carnota

Algo máis tarde do habitual, por motivos evidentes, hoxe 1 de decembro arrincan as actividades deportivas municipais no Concello de Carnota para este curso. Actividades con aforos limitados, grupos reducidos escollidos por orde de inscrición.
Poden realizar unha inscrición previa no teléfono 647459445, en [email protected] ou no Departamento de Deportes do Concello.

Haberá de todo, para @s máis [email protected]: Baile activo (aeróbic para nenos/as), da man do Club Sofán Fitness; Dance Sport (TikTok, técnica de baile), impartido polo Club Arte e Movemento; fútbol para todas as idades ata 12 anos; Single (coreografía de baile individual, técnica de baile, estilo, sen parar e facendo moito exercicio), impartida polo Club Arte e Movemento; Taekwondo, impartida polo Club Arte e Movemento, polo que a cota de inscrición aboarase directamente ao monitor.

Para adolescentes e [email protected], hai tamén Baile activo, impartida polo Club Sofán Fitness; Dance Sport, impartida polo Club Arte e Movemento; Estiramentos, impartida polo Club Sofán Fitness; GAP (glúteos, abdominais e pernas), impartida polo Club Sofán Fitness; Queimagraxas, impartida polo Club Sofán Fitness; Single, impartida polo Club Arte e Movemento; Ximnasia en Lariño, impartida polo Club Sofán Fitness; Ximnasia de mantemento sénior (> 65 anos), impartida polo Club Sofán Fitness.

comentarios