"As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo"
09:58 23/10/13
"Carballo foi a maceta onde se sementou a primeira semente do que é Mucha e Nucha". Así define Xosé Touriñán a súa relación con Bergantiños. I é que tanto Touriñán como Marcos Pereiro, son da zona de Carral, pero moitas das súas primeiras actuacións foron na comarca bergantiñá.
Lembra Toutiñán nesta entrevista que lle fai o FIOT, que "Carballo foi o xerme do Touriñán artístico". E lembra aquelas primeiras Rúas dos Contos, onde xa estaba un persoeiro que precisamente trouxo este ano de novo, "Manolo Logho", o que se meteu "na FP en carpintería porque disque se aprende a lighar"...
Foi máis aló Touriñán e recoñeceu que as Micha e Nucha, moi ao principio eran "As Cantareiras de Verdillo". "Foi a nai de Marcos dixo as "Cantareiras de Verdillo". Nós non coñecíamos Verdillo, e nesas primeiras actuacións eramos dalá. Pero un día nunha actuación na Rúa dos Contos de Carballo, ao rematar chegaron unhas señoras que dicían que eran das verdadeiras Cantareiras de Verdillo e ata nos dixeron que nos metían nos abogados. Resulta que eran dous traballadores do Concello facéndonos unha broma, i é que Carballo é terra de teatreiros, pero ao final decidimos trasladarnos ata o imaxinario Ardebullo".
Unhas Mucha e Nucha que naceron froito da casualidade e do talento de dous máquinas, que como nos contaban hai un par de semanas no Couto, xa teñen agora a súa propia produtora, Aira Pro. Precisamente aló lembraron que Mucha e Nucha xa levaban 300 actuacións (moitas veces perdendo cartos) por todo o país ata que chegou a chamada de Gayoso…
Miguel de Lira tamén no FIOT
E aproveitamos para traer a entrevista que a organización do FIOT lle fixo a Miguel de Lira, un dos cofundadores do Grupo Chévere, que fai memoria e cóntanos as súas primeiras visitas ao FIOT ao tempo que valora a evolución do programa do Festival nestes 22 anos de historia. O liracho louba ao que considera "un dos 3 primeiros festivais de Teatro de Galicia" que ademais, "a día de hoxe, ca Rúa dos Contos, é como se tiveras 2 festivais nun".Novas relacionadas
- A mocidade que emprende fala con Pondal.
- As Bondades da fala: Formando o futuro da Costa: De proxectos culturais e educativos.
- Pondal tamén Emprende.
- Programa do FIOT 2013.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).