As obras do Paseo Marítimo do Pindo reciben xa as primeiras críticas


A comezos de ano a xente do Pindo enviáballe unha carta ao mesmo Núñez Feijoo denunciando o estado do paseo tralo paso dos temporais. Pero parece que a Xunta fixo caso omiso das súas demandas pois o paseo marítimo segue presentando un estado deplorable.
Ben é certo que xa se está realizar un novo paseo que substitúa a madeira, tan endeble fronte aos temporais, pola pedra, mellorando a estrutura. Pero dende a Asociación Pedramar denuncian que a nova obra é “un traballo trapalleiro e irresponsable”. “Pasarán dous carros de nenos xuntos?”, pregúntanse dende a Pedramar unha necesidade tan obvia que pode que non se tivera tido en conta á hora de facer os planos.
Dende o Concello din que non é responsabilidade súa pois as obras están sendo realizadas por Costas.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).