Mércores. 21.08.2019
El tiempo

As VII Xornadas de Pesca do Pindo Mariño recuperan un Mar de recordos

As VII Xornadas de Pesca do Pindo Mariño recuperan un Mar de recordos
VII Xornadas Pindo Mariño 2012

Xa van 7 anos dende que a xente do mar do Pindo se uniron para crear unhas Xornadas de Pesca singulares. E este 2012 tocan as VII Xornadas de Pesca Pindo Mariño, un compendio de actividades, charlas e eventos que terán como lema principal "Un mar de recordos".

I é que moitas das charlas intentarán recuperar os tempos perdidos, as historias salgadas que a vola do Pindo leva vivido nas últimas décadas. Os 10 anos de Prestige estarán presentes na sesión, cun bo coloquio de voluntarios, como o que terá lugar en Corcubión o 2 de xuño, e e mariscadoras, auténticas bravas que foron as que coidaron aos milleiros de visitantes. Tamén haberá tempo para ollar cara arriba, e escoitar da man do Presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural como van os traballos de recuperación e divulgación do Olimpo Celta. Outra das charlas máis interesantes será da man do historiador Dionisio Pereira, que falará precisamente en clave histórica.

Programa das VII Xornadas Pindo Mariño 2012

As datas serán o 29 e 30 de xuño emais o 1 de xullo, pero xa se poden ir inscribindo. Ademais, as sesións darán comezo o luns 25, coa Xornadas de Minipesca, unha semana de actividades para nenos, con obradoiros de cestaría e kaiak.

Programa das VII XOrnadas Pindo Mariño 2012

Inscrición

  • Inscricións: 10€; + aloxamento (venres e sábado): 70€.
  • Poden inscribirse:
    - Na sé da Confraría;
    - Enviando o formulario de inscrición, acompañado do recibo de ingreso da cota -ao fax 981 764 815 ou ao correo confraria[arroba]wanadoo.es ou mmerced2003[arroba]yahoo.es.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios