As VII Xornadas de Pesca do Pindo Mariño recuperan un Mar de recordos
Xa van 7 anos dende que a xente do mar do Pindo se uniron para crear unhas Xornadas de Pesca singulares. E este 2012 tocan as VII Xornadas de Pesca Pindo Mariño, un compendio de actividades, charlas e eventos que terán como lema principal "Un mar de recordos".
I é que moitas das charlas intentarán recuperar os tempos perdidos, as historias salgadas que a vola do Pindo leva vivido nas últimas décadas. Os 10 anos de Prestige estarán presentes na sesión, cun bo coloquio de voluntarios, como o que terá lugar en Corcubión o 2 de xuño, e e mariscadoras, auténticas bravas que foron as que coidaron aos milleiros de visitantes. Tamén haberá tempo para ollar cara arriba, e escoitar da man do Presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural como van os traballos de recuperación e divulgación do Olimpo Celta. Outra das charlas máis interesantes será da man do historiador Dionisio Pereira, que falará precisamente en clave histórica.
Programa das VII Xornadas Pindo Mariño 2012
As datas serán o 29 e 30 de xuño emais o 1 de xullo, pero xa se poden ir inscribindo. Ademais, as sesións darán comezo o luns 25, coa Xornadas de Minipesca, unha semana de actividades para nenos, con obradoiros de cestaría e kaiak.
Inscrición
- Inscricións: 10€; + aloxamento (venres e sábado): 70€.
- Poden inscribirse:
- Na sé da Confraría;
- Enviando o formulario de inscrición, acompañado do recibo de ingreso da cota -ao fax 981 764 815 ou ao correo confraria[arroba]wanadoo.es ou mmerced2003[arroba]yahoo.es.
Máis información
Novas relacionadas
- A Marea Blanca volve poñerse o mono para limpar a Ría de Corcubión.
- Unha documental de Isabel Coixet con acento da Costa pola Marea Blanca.
- Empresas e responsables do sector pesqueiro forman o novo Consello Local do Mar en Carnota.
- VI Xornadas de Pesca Pindo Mariño: O Pindo declaroulle o seu amor ó mar a pesar de todos os problemas no sector.
- V Xornadas de Pesca Pindo Mariño: As baleas tomaron O Pindo .
- IV Xornadas de Pesca Pindo Mariño: A vida volta ao mar dende O Pindo.
- QUE PASOU NA COSTA: A época moderna (4ª parte): O mar como fonte de riqueza.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).