Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Bico do Santo xa ten a súa ruta circular acondicionada

Ruta Bico do Santo Carnota
O Bico do Santo xa ten a súa ruta circular acondicionada

Un dos máis singulares e fermosos Recunchos de Carnota xa ten a súa ruta circular. Ata agora era relativamente complicado chegar ata o Bico do Santo, pero o Concello vén de acondicionar unha ruta circular pola súa contorna.

Gracias a unha subvención da Xunta de 30.000€, a zona conta cunha senda de 3 km, que ten o comezo na área de estacionamento de Lamas de Castelo. Dende alí, a nova sinalización xa te leva polos regatos ata chegar ao cumio, na Cruz do Santo temos unha das mellores vistas da zona, dende Lira ata Caldebarcos, coa praia e marismas de Carnota moi preto, o Monte Pindo ao carón e Fisterra ao fondo.

Xa podedes ver tamén a Ruta en Wikiloc.

Novas relacionadas

Comentarios