Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG Carnota solicita en pleno a iluminación de pasos de peóns no Pindo e resto do concello

paso peons pindo
Paso de peóns do Pindo
O BNG Carnota solicita en pleno a iluminación de pasos de peóns no Pindo e resto do concello

O BNG Carnota solicitou no pleno de onte, a petición da veciñanza do Pindo, que no paso de peóns do pósito e na entrada do Recheo se instalen puntos de luz para a correcta visibilidade dos mesmo durante a noite, xa que actualmente estes puntos teñen unha iluminación insuficiente e, no caso do paso de peóns do pósito, pode resultar un perigo de seguridade vial.

"Esta petición fixémola extensible ao resto de pasos de peóns do noso concello, para maior seguridade de todas as veciñas e veciños", aseguran.

Comentarios