Caldebarcos volve saír de Romaría aos Muíños para celebrar os avances apícolas da zona
Volven sentirse vivos os Muíños de Caldebarcos. I é que como ano pasado, os veciños xa preparan a Romería dos Muíños de Caldebarcos 2012, unha fouliada aberta a toda Galicia que tenta revivir a parte lúdica e cultural das romarías tradicionais.
Este ano ademais vén cargada de cousas que celebrar, pois na vila carnotá xa se empezan a ver materializadas as decisións que os veciños tomaron nas últimas Asembleas do sábado 31 de Marzo. Tanto é así que no prazo de menos de un mes estará constituída a Asociación de Apicultores “Río Vedebois”. Que se encargará da xestión de tres alvarizas: da Alvariza Tradicional de San Cibrán, da Alvariza do Prouso María de Caldebarcos e das novas instalacións apícolas de última xeración no Chan das Alvarizas.
De feito, o pasado 19 recibiron a visita de 50 apicultores da zona de Arzúa, e que se convertiu nun produtivo intercambio que ata chegaou á singular Alvariza de Gallardo, en Cornido.
Fouliada dos Muíños de Caldebarcos 2012
Pero xa todos pensan en festa. As abellas ben coidadas, e a comida, levada por cada quen ou a disfrutar ca da irganización, preparada. Así, este é o completo programa, que combina sendeirimos, etnografía, tradición, gastronomía e festa, do sábado 26 de Maio de 2012:
- 10:00 - Convocatoria para a ruta á porta do Supermercado Cruces. Indicacións.
- 10:20 - Saída da Ruta dos Muíños a golpe de gaita de Fol, por cortesía de Rebuleira da ANPA do CEIP de Carnota.
- 13:45 - Chegada da Ruta ós Muíños.
- 14:00 - Comida. Chulas, Arrebandas, Empanadas varias (tamén de millo), follados (tamén de touciño), Bolo Asmo, Tortillas (de patacas, de setas, de alghasos, ... en fin), Bolos do Pote, Filloas, Biscoitos, … e de postre Rinchóns patrocinados por Construcións Ameixeiro.
De beber: Viño que trae Padrino directamente do Ribeiro, Servesas do Pirata, Refrescos e auga do Muíño. Todo recortado ó gusto. - 15:00 - Saúdo de benvida e agradecementos. Co acompañamento do Grupo Rebuleira, da ANPA do CEIP de Carnota.
- 15:20 - Tolos pola regueifa. Lois, O Caruncho e outros Regueifeiros maiores do Reino.
- 15:45 - Tolos polas Papas de Millo. Fai as papas: Unha americana do Cló, chamada adredes.
- 16:00 - Tolos pola música. Primeira subida ó ceo coa música de Pedras Miúdas.
- 16:40 - Tolos polas coplas. Voluntarios para dexer coplas recollidas no Chan e mais no Alto de Carnota.
- 17:15 - Tolos xa de todo pola regueifa. Regueifeiros a eito.
- 17:45 - Cegos pola música. Veremos a Panorama desde o ceo co acompañamento de Pedras Miúdas.
- 18:15 - Toliños pola queimada e toliños polo esconxuro teatral. Poderemos afiar coitelos, navallas, relós e colchóns ortopédicos en “Volta e dálle”, o máis grande afiador actual traído directamente de Ourense. Cortesía do Cló de Bayonne.
- 19:30 - … e pouquiño a pouco ir marchando para a casa … ou para outra desfeita!
Novas relacionadas
- Romaría 2011: Os Muíños de Caldebarcos volven sentirse vivos.
- Elisa Gallego repasa o proxecto de recuperación das Casetas de Caldebarcos.
- Recunchos da Costa: Casetas de Caldebarcos.
Fonte
- Información e Fotos de César Cambeiro.