Campos centraliza as súas críticas no alcalde de Carnota

Hoxe hai pleno importante no Concello de Carnota. Un pleno extraordinario convocado a raíz dos requerimentos xudiciais que o TSXG esixe ao Concello de Carnota no caso de posible prevaricación de Marisol Piñeiro e Carlos Bousoño nunha contratación. Analizábamos o asunto con cautela esta semana, de cara a un pleno que parece claro non conseguirá ese acordo plenario que permitiría que o Concello se persone na causa, tendo que ser o alcalde como persoa ou o BNG o que siga adiante co procemento.

E parece que non vai ir adiante ao evidente rexeitamento do PP, únese o PSOE, pois o grupo de Suso Campos asegura que votará en contra porque entende que o alcalde “está perdendo o norte”. Campos asegura “non estar do lado de PP nin de Marisol Piñeiro, estou do lado da legalidade e se Piñeiro fixo algo, terá que verse ca xustiza”. Ademais entende que o “procedemento legal terá que continuar, pero non cun acordo plenario que o alcalde se inventou, aproveitando unha baixa do interventor para presentar no xulgado un aval notarial cun suposto acordo plenario dun pleno o 19 de novembro de 2013 que nunca se realizou”. De feito, Campos pediu por escrito ese acordo plenario pero non obtivo resposta, polo que “se segue o procedemento terá que facelo o alcalde cos seus cartos, que é moi fácil facelo cos cartos de todos”.

Un Campos en postivo

Afirma Suso Campos que chega en positivo a estas eleccións municipais, pensando en “construír outra Carnota”. “Hai outras formas de facer as cousas, de gobernar Carnota, xerando emprego, promocionando o turismo… Nós queremos ir da man con Pequeño, co que temos un plan conxunto, sen liortas legais, con brigadas de oibras, sen postos duplicados, con sensatez…”

Críticas personalizadas

Así e todo, ten moitas verbas en clave de crítica, lamentando que o alcalde Ramón Noceda “nunca quixo traballar con nós, e iso que os apoiamos na investidura. É como matar ao que che dá de comer”. Valora que non está en contra do BNG, de feito indica que “sempre tivemos unha boa relación co Bloque, pero o problema é o alcalde, non se pode falar con el. Ata ofrecínlle axuda para solventar asuntos na Deputación, pois son Deputado provincial, e non me quixo nin escoitar”.

Pero tamén pide respecto aos traballadores, pois coincide en que “o ambiente laboral é terrible, este señor está facendo “bulling” a moitos traballadores”.

Critica tamén que o “concello non pida tantas subvencións como debería” (algo que nega completamente o alcalde, que asegura “ter presentado todas as posibles e máis”), E fai unha parada nunah carta que o BNG enviou aos veciños polo nadal, anunciando un aforrou 2 millóns de euros, “pero o que non dixo é que perdiu un Plan de Axuste do goberno de Montoro, e agora se lle deben ao Banco de Santander”, Ademais, Campos afirma que “tiña que ter feito un pleno antes do 1 de abril para presentar as contas oficiais de 2014, polo que a día de hoxe está traballando ilegalmente”.

E remata cunha grave acusación: “Aínda que saia, non vai ser alcalde, pois vai estar inhabitiliado de aquí a 6 meses. Aínda quedan moitas cousas por saír”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).