Carnota acolle hoxe un Congreso internacional sobre diversidade funcional


O interese na zona parece garantizado, con ata 3 entidades como Íntegro, Aspadex ou APEM. I é que Asociación SOLCOM, para a solidariedade comunitaria das persoas con diversidade funcional e a inclusión social, e VIGALICIA, a Oficina de Vida Independente de Galicia, ofrecerán este venres 4 de abril, ás 19:30h no Salón de Actos do Concello de Carnota, o evento ‘Persoas con Diversidade Funcional e Dereitos Humanos. Enerxía en acción para un novo Horizonte de Xustiza’, un encontro local, que abordará, desde una perspectiva de dereitos humanos, a situación das persoas con diversidade funcional na nosa sociedade e cómo a aplicación da perspectiva de dereitos humanos da Convención pode mellorar a vida das persoas.
Intervirán Ánxela López, Presidenta de VIGALICIA e Mónica Sumay, Vicepresidenta de SOLCOM, as que exporán a tese da fenda que presentan a normativa española e a súa aplicación administrativa, que carecen de feito da dimensión inclusiva da diversidade funcional, así como as propostas e vías para o logro das expectativas deste Tratado Internacional que presentan as organizacións de defensoras de dereitos humanos.
Analizarase o grao de acomodo ao texto internacional que presentan as estruturas e institución do país, así como as propostas e accións elaboradas dende o movemento de Vida Independente en España.
Este encontro desenvólvese no marco da terceira edición de Campaña de Difusión da Convención da ONU sobre os Dereitos das persoas con Diversidade Funcional, que en anteriores edicións se celebrou en colaboración coas universidades de Santiago, A Coruña e Vigo. Está dirixido a todos os públicos e, de forma importante, considérase de interese para as persoas con diversidade funcional e os seus familiares, así como para profesionais dos servizos sociais e representantes políticos.
Novas relacionadas
- Íntegro convirte o CEIP de Buño nunha Diversiescola.
- Aspadex sobe ao tren da ilusión.
- APEM xa ten casa en Vimianzo.