Martes. 23.04.2024
El tiempo

Carnota acolleu a presentación do potente Congreso de Desenvolvemento Local MODELO

Carnota acolleu a presentación do potente Congreso de Desenvolvemento Local MODELO

Este 3 de febreiro, na Casa Consistorial de Carnota, realizouse o acto de presentación do Congreso de Desenvolvemento Local MODELO. Un congreso enfocado a achegar novas propostas de desenvolvemento no rual costeiro, que se desenvolverá os vinceiros 25 e 26 de marzo en Vimianzo e os 1 e 2 de abril en Corcubión.

Numerosas personalidades

O acto estivo presidido por Andrés Hermida Tratoy, Director Xeral de Promoción do Emprego, e contou coa presenza de María Teresa Cancelo Márquez Directora de BIC Galicia e dos alcaldes de Carnota, Corcubión e Vimianzo, de Ricardo García Mira, profesor da facultade de Psicoloxía e membro do comité científico do congreso, Lola Pena e María Jiménez presidenta e secretaria de Afiprodel.

Entre o público, numerosos técnicos de emprego dos diferentes Concellos que forman a Costa da Morte, técnicos de UPD, e persoal técnico de diferentes áreas ligados o mundo local.

Desenvolvemento da presentación

Foi a Presidenta a encargada de dar a benvida, describindo o traballo da Asociación Afiprodel e destacando os obxectivos do Congreso. A Secretaria detallou as liñas temáticas do Congreso. E o alcalde carnotán destacou a importancia do colectivo de AEDL e a súa labor técnica a desenvolver dentro dos Concellos. Tamén solicitou a racionalización das actuacións de desenvolvemento no ámbito da Costa da Morte, en función dos recursos endóxenos e peculiaridades de cada Concello específico, así como tendo en conta a posta en valor do patrimonio natural e paisaxístico.

O profesor García Mira, destacou o outorgamento da Univ. De Coruña de 2 crédito pola variedade temática do Congreso e, o mesmo tempo eloxiou o enfoque de cara a “sostenibilidade” dado, xa que este termo debe tender a aplicarse os máis diversos ámbitos, tanto dende a responsabilidade social, económica. coma ambiental.

Por último, o Director Xeral de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia, Andrés Hermida Trastoy, destacou varios puntos:

  • A necesidade da promoción do emprego, xa que é un tema fundamental nestes momentos e a necesidade da súa difusión a través da Rede de técnicos de emprego e desenvolvemento local (actualmente composta de 284 membros).
  • Destacou o programa e a variedade temática do programa elixido e a posta en disposición dun foro de debate, xa que considera clave a necesidade de intercambiar experiencias que se poidan aplicar no territorio.
  • O seu compromiso de fomentar a rede de AEDL e a creación dun foro virtual de intercambio de ideas e experiencias.
  • Como conclusión dixo que “este Congreso, con mesas redondas sumamente interesantes,coa participación dos diferentes axentes sociais (AEDL, Universidade, sindicatos, patronal, GDRs,...) está chamado a ser un marco de intercambio de ideas, experiencias e proxectos, para aprender das estratexias que se están a desenvolver nas políticas activas de emprego. Encontros como o que hoxe estamos a presentar teñen que arroxar luz sobre todos nós, para de reflexionar, para debater. Se non o fixésemos así incorreriamos na autocompraciencia e caeriamos no erro de repetir tópicos e darlle volta ás mesmas ideas sen sometelas ao xuízo da realidade que, en última instancia, é a que dirá se estamos ou non facendo ben as cousas”.

Máis información e inscrición

O procedimento para participar neste apartado está recollido na web www.afiprodel.org e en congreso.afiprodel.org.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios