Carnota afonda no apoderamento feminista
09:37 11/10/19
Continúa en marcha a Campaña de Prevención e de Sensibilización contra as violencias machistas: Súmate á Igualdade (+=!) do Concello de Carnota. Durante este mes coordinaranse diferentes actividades dirixidas a mulleres, a familias, a crianzas e a toda a veciñanza, enfocadas ao apoderamento feminista.
CARNOTA COEDUCA
É un ciclo de charlas centradas en coeducación, corresponsabilidade e igualdade de xénero. Desenvolveranse dúas charlas na ESMU dous mércores de outubro:
- Coeducando en familia: a igualdade de xénero na crianza. o Mércores 16 de outubro de 18 a 20h.
- E ti, que rol xogas? Estereotipos e prexuízos na educación. o Mércores 23 de outubro de 18 a 20h.
EN FORMA CONTRA O MACHISMO
Charla centrada na igualdade de xénero no deporte.
- Venres 25 de outubro as 19:30. Salón de Plenos do Concello.
OBRADOIRO INTENSIVO DE AUTODEFENSA FEMINISTA
Un espazo para mulleres centrado no traballo de apoderamento feminista.
- Sábado 26 de outubro. 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.
- Local Vintepicopés. Casa da Xesteira.
- Inscricións no Dpto de Servizos Sociais do Concello: 981 857 032 (Ext. 2)