Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carnota sumérxese nun trimestre de igualdade

Sumate a Igualdalde en Carnota
Carnota sumérxese nun trimestre de igualdade

Traballar a prol de relacións afectivo – sexuais máis igualitarias e baseadas no bo trato no eido da adolescencia, é unha das necesidades que evidenciou o Plan Municipal de Igualdade de Carnota durante estes anos. Tamén xorde como demanda a creación de redes de apoio, mecanismos de autodefensa e de fortalecemento da autoestima das mulleres. Ou a posta en marcha de alternativas culturais, deportivas e de lecer que rachen co sexismo.

Por iso, o Concello carnotán pon en marcha este mes de setembro a Campaña de Prevención e de Sensibilización contra as violencias machistas: Súmate á Igualdade (+=!), desenvolta pola Cooperativa Arabías. Durante tres meses coordinaranse diferentes actividades dirixidas a mulleres, a familias, a crianzas e a toda a veciñanza, centradas na educación pola igualdade e no apoderamento das mulleres.

Setembro comeza co “Obradoiro NÓS MESMAS”: Un espazo propio de mulleres para coñecernos e traballar por unha vida libre de violencia machista. Este obradoiro será o xoves 12, 19 e 26 de setembro e o xoves 3 de outubro de 18:00 a 20:00h na Casa da Mariñeira (Pedrafigueira).

Durante outubro e novembro desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Ciclo de charlas centradas en coeducación, corresponsabilidade e igualdade de xénero. Un espazo de reflexión con familias e con entidades deportivas para rachar co machismo.
  • Obradoiro centrado na autodefensa persoal dirixido a mulleres.
  • Obradoiro de autocoñecemento para o fortalecemento persoal dirixido a mulleres.
  • Obradoiros artísticos feministas dirixido a infancia, mocidade e veciñanza en xeral.
  • Actividade lúdica cultural.

Actviidades municipais

Cartel Actividades Carnota 2019-20

Ademais fica aberto prazo de inscrición para anotarse nas actividades deportivas e culturais. Ademais das actividades que ven prestando o Concello de Carnota habitualmente, que conta con varias novidades:

  • Para nenos: atletismo, baloncesto, ximnasia ritmica, técnicas de estudio, english theater e maxia.
  • Para adolescentes e adultos: maquillaxe, graffiti, hip hop/bailes modernos, técnicas de estudio, yoga, monitor de tempo libre e inglés.

Os/as interesados/as pódense inscribir no Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Carnota dende o 2 ata o 17 setembro de 2019.

Novas relacionadas

Comentarios