Carnota, centro mundial do trial


Si, os 5 mellores pilotos de trial do mundo estarán en Carnota esta fin de semana. Non todos os días celébrase na nosa bisbarra un Campionato de España dunha disciplina, e estes 24 e 25 de setembro, gracias a implicación de Carlos Waldomar, o Club Motociclismo de Teo e o apoio municipal, Carnota acollerá a 6ª proba puntuable do Campionato Galego e de España de Trial.
Cos últimos detalles anda a organización co propio Waldomar a cabeza. “Hei de quedar sen pernas despois de patear todo o monte… Non sei como vou correr o sábado”, bromea Waldomar, que aspira a todo na súa categoría dos Veteranos, do que xa leva varios podios seguidos nos últimos anos.
103 pilotos sairán da partida, destacando a presencia do varias veces campión do mundo Toni Bou. Non será o único, a elite mundial visitará a Costa da Morte, con nomes como Adam Raga, Albert Cabestany, Jernony Fajardo e os galegos Jorge Casales e Gabriel Marcelli.
Unha proba que serve para que vexamos deporte de alto nivel, pero tamén serve para levar a Costa da Morte polo mundo. A idea de aproveitar o poder do deporte para promocionar o turismo costeiro segue funcionando.
Horarios

Novas relacionadas
- Os 5 mellores pilotos de trial do mundo estarán en Carnota o 25 de setembro.
- Carnota prepárase para acoller unha proba do Campionato de España de Trial.
- Carlos Waldomar queda, un ano máis, ás portas do Campionato Galego de Trial.
Fonte
- Redacción de QPC Motor (info@quepasanacosta.com).