Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Carnota contará cun novo vehículo para o Servizo de Axuda no Fogar

servizo de axuda no fogar
Carnota contará cun novo vehículo para o Servizo de Axuda no Fogar

O Servizo de Axuda no Fogar de Carnota contará cun novo vehíco, segundo informaba hoxe a Deputación da Coruña. Será un dos 10 vehiculos que poña a disposición de varios Concellos (ademais de Carnota, os de As Pontes, As Somozas, Aranga, Irixoa, Mañón, Ortigueira, Outes, Tordoia e Oza-Cesuras), a entidade provincial nesta convocatoria de 2023 para faciliar os desprazamentos do persoa.

Os concellos beneficiarios destas axudas deberán estar prestando o SAF con persoal auxiliar propio. Ademais, deberán adscribir o vehículo aos servizos sociais para o seu uso durante toda a súa vida útil.

Comentarios