mércores. 07.05.2025
El tiempo

Carnota convoca o II Certame de Embelecemento

Carnota convoca o II Certame de Embelecemento
Concurso de Embelecemento de Carnota 2014

O ano pasado foi a recuperacion do Entorno da Cabaceira de Lira a que levou o primeiro premio do Concurso de Embelecemento de Carnota. Este ano, o Concello convoca o II Concurso de Embelecemento de Contornos e Espazos Públicos e Privados, co "desexo de alentar a valorización dos recursos do municipio e promover a o civismo e a conciencia ambiental entre a veciñanza".

O obxecto deste certame, que está dotado cun premio de 1.000 euros, é "fomentar a ornamentación de espazos públicos e privados con elementos vexetais, por parte de entidades e particulares, que poderán participar individualmente ou en grupo".

O xurado designado para valorar as actuacións que concorran ao concurso estará formado por representantes do alumnado e do profesorado dos centros educativos do municipio, que terán en conta entre outros criterios, a incidencia dos proxectos na mellora da imaxe da localidade, a súa orixinalidade e calidade ornamental e o deseño de conxuntos estéticos en harmonía coa contorna.

O prazo de inscrición remata o 4 de abril e as bases completas do concurso poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Carnota ou na páxina web municipal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Carnota.

Comentarios