mércores. 30.04.2025
El tiempo

Carnota déixase ver e querer por Semana Santa

Mostra Vindemo Ver Carnota 2025
Carnota déixase ver e querer por Semana Santa

Xa pasamos estes días pola Mostra do Encaixe e máis fumes de procesión por Fisterra. Para completar santa trinidade da axenda da Semana Santa na Costa da Morte toca facermos parada en Carnota.

A XII edición da Mostra Víndemo Ver “Mercado da Deputación” desenvólvese con normalidade, lidiando co tempo. A praza de San Gregorio de Carnota acolle a carpa do “Mercado da Deputación”, con espazos para cultura, artesanía, música, tradición, natureza, ocio activo e gastronomía. Sempre coa intención de “de poñer en valor a nosa paisaxe que sabe dun xeito sempre responsable co territorio e cos nosos recursos naturais”, a carpa ademais estará ceha de música tradicional.

Para darlle sentido ao tema desta edición, que rolda arredor do Mar de Ardora, a Mostra inaugurouse onte xoves cunha charla-coloquio sobre o mar de ardora no salón de plenos do Concello, da man de Ana García (fotoperiodista de La Voz de Galicia), Francisco Rodríguez Hernández (investigador no Centro Oceanográfico de Vigo) e Julio Canosa Marcote (de embarcación Fish-Terra).

Antes daban a benvida o alcalde, Juan Manuel Saborido “Moma”, a deputada e alcaldesa de Vimianzo Mónica Rodríguez, e o deputado de Cultura, Xosé Penas.

Mostra Vindemo Ver Carnota 2025-Alcalde

“Víndemo ver é un bo exemplo de turismo responsable co territorio, promocionando os nosos recursos dun xeito respetuoso” afirmou Penas. “Non se trata so de promoción turística, senón que esta iniciativa visibiliza o traballo dos nosos produtores e produtoras, contribuíndo, polo tanto, á mellora socioeconómica local a través da xeración de oportunidades e da diversificación”.
“E non so iso”, engadiu o deputado, “senón que esta mostra inclúe tamén plans de ocio e turismo activo como andainas, rutas BTT e tamén culturais. Unha iniciativa de promoción local cun programa moi completo e diverso para todo tipo de públicos que, iso si, ten ben definido o seu obxectivo de poñer en valor todos os recursos que este recuncho da Costa da Morte é quen de ofrecer”.

Mostra Vindemo Ver Carnota 2025-Concerto
Ambientazo na carpa no concerto de Chiña

A encargada de poñer o peche á primeira xornada foi Chiña, abrindo a serie de concertos que amplían a oferta diurna. Hoxe venres, ás 22:00h, será Juan do tractor e logo ao trío “Los lunes al sol”; o sábado a gran promesa da música urbana muradá, 9louro, e despois Xurxo Fernandes, unha das grandes estrelas da música tradicional.

Máis novas

Comentarios