Axenda da Semana Santa para vivir a Costa da Morte

A Semana Santa é un dos momentos máis importantes para a Costa da Morte, tanto a nivel económico, (a apertura da temporada turística), como social (as procesións) como cultural (coas numerosas actividades que se ofertan estes días). Mágoa que non acompañe demasiado pero que non sirva de excusa para quedarmos nas casas.
Para que saibades onde aproveitar estes días e poder levar as visitas, aquí vai un repaso de todo o que se ofrece na comarca para esta Semana Santa 2025, que temos que comezar coa Santístima Trinidade: A Semana Santa de Fisterra, a Mostra do Encaixe de Camariñas, e a Mostra Víndemo Ver de Carnota.
Semana Santa de Fisterra
Por historia e patrimonio etnográfico, as procesións da Semana Santa de Fisterra son o epicentro da comarca nestas datas. A implicación do pobo fisterrá é unha das notas destacadas. Ademais, veñen aderezadas polas verbenas das Festas do Santo Cristo. Podedes ver os programas litúrxico e festexeiro aquí:
A Galería Ocasional da Casa das Peritas
Tamén en Fisterra, pero na aldea de Mallas, a Casa das Peritas ofrece unha visita singular como Galería Ocasional, con actividades artísticas en espazos da vila.
Mostra do Encaixe de Camariñas
A Mostra do Encaixe de Camariñas mestura artesanía e moda para convertirse nun verdadeiro punto de atracción cultural. Dende hoxe e ata o domingo o Pavillón Víctor Vigo ferve con demostracións ao vivo, exposicións, venda, desfiles de moda, actuacións musicais, libros… Un mar de piques!
Podes ver aquí o programa:
O Faro Vilán e o Museo de Man
Camariñas é sen dúbida, un dos focos máis vivos por Semana Santa. Ademais da Mostra, o Faro Vilán, o único faro aberto de toda a comarca, acolle unha exposición e permite gozar dunha paraxe incrible.
Ademais, o Museo de Man de Camelle estará aberto coa Sala dos Naufraxios como espazo de obrigada visita.
Mostra Víndemo Ver de Carnota
O produto local é o principal reclamo da Mostra Víndemo Ver de Carnota, para pasar unha fin de semana entre artesanía, eventos deportivos, obradoiros e concertos, este ano co mar de ardora como fío condutor.
Podedes ver aquí o programa:
A Festa do Congro de Muxía
Cunha imaxe renovada, gastronomía e música maridan esta fin de semana na vila da Barca. Podes ver aquí o programa:
Ademais, o Camping Lago Mar de Merexo tamén acollerá actividades para estes días:
Visitas patrimoniais en Vimianzo
O Castro das Barreiras, os Batáns do Mosquetín, e, como non, o Castelo de Vimianzo, abren as portas por semana santa. Podedes ver aquí o programa:
Rutas en Corme
Aproveitando a Semana Santa, Suso Lista lanza as súas rutas polos petroglifos de Corme.
Semana Santa de Muros
Outra das citas etnográficas da Semana Santa da Costa da Morte é a de Muros. As procesións muradáns son tamén un reclamo de fe e singularidade.
Podes ver aquí o programa:
Semana Santa de Malpica
O Concello de Malpica de Bergantiños xunto coas asociacións locais ACD Carcaxía, AVSC O Quinteiro, ACD Mallas de Area, presentan a programación da Semana Santa 2025. O calendario inclúe campamentos infantís, obradoiros, torneos deportivos, espectáculos, música en directo e actos litúrxicos, coa intención de ofrecer alternativas de ocio saudable, cultura e participación comunitaria durante as vacacións.
As Torres do Allo
As Torres do Allo ampliarán os seus horarios abrindo de maneira continuada entre os días 12 e 20 de abril en horario de 11 a 20h, e acollendo ademais actividades especiais: