Carnota e Mazaricos preparan os seus entroidos
Xa non queda nada. Os entroidos xa están aí. Xa fumos recollendo propostas de toda a bisbarra e hoxe coñecemos as ideas que nos presentan dende Mazaricos e Carnota.
Entroido de Mazaricos 2013
Un entroido tradicional o de Mazaricos, no que Gran Festival de Disfraces será o domingo 10 de febreiro, dende as 16:00h da tarde na Casa da Cultura da Picota. Haberá un programa de anumación con humor, música e regalos, nunhas actividades nas que colabora a A.VV. Monte Picoto.
Ademais, o luns, ás 17:00h, toca cine, coa impresionante "A invención de Hugo".
Entroido de Carnota 2013
Máis completo o Entroido carnotán, que coma sempre percorrerá as parroquias en connivencia coas asociacións. Entre as citas destacables, o Concurso de Filloas, que terá lugar o venres 8 de febreiro no pavillón de Carnota, entre as 15.30h e as 16:30h. O gañador/a, recibirá como premio unha placa “Ás mellores filloas de Carnota 2013”.
Precisamente o venres 8 será o centro do Entroido, e dende 17:00h ata as 20:00h terá lugar a festa infantil con inchables, concurso de filloas e desfile de disfraces para premiar os máis orixinais (adultos/as e nenos/as) e a súa posta en escena (individual e colectivo, ata 10 participantes).
Pero ao longo da semana haberá moitas máis cousas:
- Sábado 9 de febreiro:
- En Lira, ás 16:00 h, a Asociación Canle traerá a Axtérix e Obélix. Virán ata a Torre dos Mouros?
- En Lariño, ás 16:00 h, a Asociación Insua paseará por Lariño os entroidos máis pintorescos, para logo rematar cun concurso de disfraces no seu local social.
- No Pindo, ás 17:00h, a Asociación Pedramar organiza un desfile de comparsas, dedicado a personaxes de cómics e debuxos animados. Á noite, lacoada nunha carpa instalada na praza da Solaina. - Domingo 10 de febreiro, ás 17:00 h, no Pindo: a Asociación Pedramar fará un concurso de disfraces na Solaina.
- Luns 11 de febreiro, 11:00 -13:00 h, na Biblioteca Municipal: obradoiro de caretas..
- Martes 12 de febrerio, en Caldebarcos, ás 16:00 h: Xurde, coma tódolos anos, sorprenderá cos “entruidos” máis tradicionais polas rúas de Caldebarcos.
- Mércores 13, 11:00 -13:00 h, no salón de actos do Concello: Proxección da película El carnaval de las tinieblas.
- En Lariño, ás 16:00 h, queimarase o FACUNDO, para rematar o Carnaval……...…. Tódalas idades.
Dende o Concello de Carnota avisan de que non haberá actividades na escola de música, informática e nas escolas deportivas os días luns 11, martes 12 e mércores 13 de febreiro. O xoves, día 14 de febreiro, retomaranse os horarios habituais.
Outros Entroidos da Costa
- Laxe e Ponteceso tamén pensan no Entroido.
- Un entroido doble en Corcubión.
- Muxía reaviva o Entroido a base de pinchos e co Entroido do Percebe como fin de festa.
- Nucha e Mucha presentarán o entroido dominical de Dumbría.
- O Entroido de Fisterra xa ten o seu cartel cheo de caras coñecidas.
- Vimianzo xa pensa no seu gran luns de Entroido.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).