A Lei de prevención de Incendios e limpeza da biomasa faise cumprir dende Carnota
Tardou en tomar parte no asunto, pero a Xunta por fin fai cumprir as normativas relacionadas coa biomasa da Lei de Prevención de Incendios. Dende maio está activa a obrigación limpar os terreos forestais que estean a menos de 50 metros das vivendas, se ben apenas uns poucos concellos levan avisando e mesmo multando aos propietarios.
Hoxe arrincou a Xunta, varias execucións subsidiarias de xestión da biomasa. Unha das 6 acometidas en Galicia ten lugar en Carnota, onde a Consellería está realizando unha serie limpezas para deixar libres de maleza e de arborado prohibido pola Lei de incendios (piñeiro, eucalipto e acacia) unha superficie de 192 hectáreas situadas en franxas secundarias, isto é, nos 50 metros máis próximos ás vivendas.
Uns traballos de desbrozamento que, en calquera caso, cuios gastos serán repercutidos aos propietarios pertinentes.
O Conselleiro quixo lembrar que “esta xestión da biomasa é unha competencia municipal, pero que a Xunta decidiu colaborar cos concellos na súa execución, no marco da cooperación interadministrativa que require un tema tan importante como é a anticipación aos incendios forestais”.
Novas relacionadas
- Maio 21: A Xunta lembra a obrigatoriedade de limpar os terreos forestais próximos ás vivendas antes do 31 de maio.
- Marzo 21: A Laracha volve lembrar a obritagoriedade de manter limpas as parcelas forestais en solo urbano.
- Xaneiro 2021: O Concello de Camariñas xa envía os primeiros expedientes por non manter limpas as fincas forestais.
- Setembro 2020: A Laracha xa abriu 200 expedientes a propietarios que non limparon as súas parcelas:
- Agosto 2020: Camariñas, un dos poucos Concellos que lembra as obrigas aos propietarios da limpeza das parcelas forestais.
- Xullo 2020: Santa Comba tamén obriga aos propietaron a limpar as súas parcelas.
- Maio 2020: Ponteceso lembra a obrigatoriedade de manter limpas as fincas para previr os incendios.
- Febreiro 20: Camariñas tamén apura aos propietarios a limpar as fincas.
- Agosto 19: Ponteceso atrévese a meter man na xestión das franxas antiincendios.