venres. 02.05.2025
El tiempo

Carnota lanza a programación deportiva e cultural do vindeiro curso

Carnota lanza a programación deportiva e cultural do vindeiro curso
Unha das actividades que volve a ofertar o concello de carnota e a escola de municipal de musica Unha das actividades que volve a ofertar o concello de Carnota é a Escola de Municipal de Música O departamento de Cultura e Deportes do concello de Carnota vén de dar a coñecer a programación para o vindeiro curso escolar cunha variada oferta de actividades dirixidas tanto aso máis pequenos como ás persoas adultas. Antes de darlle o comezo, terán que clausurar a programación estival. Faráno cunha tarde lúdica, que será o vindeiro 23 de setembro no campo do Viso. Dende as 16:30 ata as 18:30 horas desenvolveranse os xogos de Paporrubio e ás 19 horas a compañía de teatro Ghazafellos representará a obra "as mil e unha noites". Dentro da promación do vindeiro curso académico contémplanse as escolas deportivas que comezan o 3 de outubro con actividades de patinaxe, psicomotricidade, deportes de raqueta, fútbol, taekwondo e zumba kids para os máis pequenos. Para os adultos ofertanse cursos de pilates, aeróbic, step, tonificación, interval traninig, streching, entre outras. Un curso máis, as ensinanzas da Escola Municipal de Música impartiranse nas instalacións do CEIP do Pindo. Ofértanse clases grupais e individuais de linguaxe musical, iniciación musical, música para adultos, combos, coral, orquestra Orff, harmonía e composición, coro infantil, música tradicional e unha gran variedade de instrumentos (guitarra, piano, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, saxofón, clarinete, gaita, pandeireta, percusión, batería,percusión tradicional, frauta, frauta traveseira e canto). A idade mínima para participar en calquera destas actividades é de 4 anos. O curso comeza o luns 3 de outubro e a reunión de principio de curso para horarios e demais cuestións será o mércores 28 de setembro, ás 19:30 horas no salón de plenos do concello. Cada venres, desenvolvernase na axencia de lectura municipal os Venres Lúdicos; unha actividade orientada a estimular o hábito lector na infancia e a achegar os nenos e nenas participantes ao mundo do libro e da lectura dende unha óptica lúdica. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo da educación infantil (3-6 anos) e no primeiro ciclo da educación primaria (6-8 anos). A actividade comeza o 21 de outubro. E por outra banda, continúa rodando a Escola Municipal de Teatro - que botou a andar o curso pasado - con grupos infantís e de adultos. A actividade comeza na semana do 3 de outubro e os grupos e horarios organizaranse en función das inscricións que se realicen. Información e inscricións Para participar en calquera das actividades programadas é preciso realizar unha inscrición previa no Rexistro Xeral do concello de Carnota. O prazo de inscrición remata o 16 de setembro. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carnota
   

Comentarios