Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Carnota marcha de turismo peregrino á Fisterra e Muxía para pintar un mural con Nando Lestón

Excursion de Carnota a Muxia
Carnota marcha de turismo peregrino á Fisterra e Muxía para pintar un mural con Nando Lestón

O Concello de Carnota, a través da Concellería de Cultura e Turismo, quere facer partícipe á veciñanza do proxecto de realización dun mural para o peirao de Portocubelo (Lira), enmarcado dentro do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia, que será realizado polo artista carnotán Nando Lestón.

Dentro das actividades que se van levar a cabo arredor deste proxecto inclúese unha excursión aos concellos de Muxía e Fisterra, con fin de propiciar un achegamento entre as persoas participantes e os peregrinos que realizan a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra, con especial interese naqueles que fagan o regreso a Santiago pola costa. Tamén se realizará unha visita guiada por Muxía para ver distintos murais. A excursión terá lugar o vindeiro día 8 de maio.

Con esta iniciativa búscase a implicación da poboación local, de modo que poidan contribuír e transmitirlle ao artista as súas sensacións, impresións e ideas e que poidan ser finalmente plasmadas no mural “DugiumArt”.

Tendo en conta que a arte visual é sempre unha aposta pola orixinalidade e a creatividade, o que pretende o Concello de Carnota con este mural é que sirva de escaparate e que transmita os valores locais e do Camiño de Santiago pola Costa e que, ao mesmo tempo, contribúa diversificar os fluxos turísticos do concello, sen deixar indiferente ao espectador.

Poden reservar praza en [email protected]
, no 981857032
 ou no propio Departamento de Cultura e Turismo do Concello de Carnota
 

Comentarios