![nando-leston-estoupa]()
A galería turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de outubro a mostra "MaterMateria" de Nando Lestón
Despois do paso das
fotografías de Marcos Rodríguez, chega unha nova exposición á
galería turística Stoupa de Cee. Así, durante o mes de outubro o polifacético Nando Lestón expón parte dos seus traballos nunha mostra que bautiza como "MaterMateria".
Naceu en Canedo - Carnota -, formouse na Escola santiaguesa Mestre Máteo e ten detrás de sí unha longa traxectoria artística. A súa colección "MaterMateria" resume perfectamente o rumbo que tomou a súa carreira fai xa uns 10 anos. Como el mesmo conta, despois de ter obtido o éxito co seu arte, decidiu fuxir da presión da súa profesión e volver ao orixe, que el asocia á terra que o viu nacer e no que se criou. Fixo dese territorio no que vive a despensa coa que nutre a súa arte, convertendo a
area da praia de Caldebarcos ou os aros de nasa nuns elementos esenciais das súas obras, converténdoos na súa mater materia.
![exposicion-nando-leston-stoupa]()
Nando Lestón emprega elementos da Costa da Morte, como a area de Caldebarcos, para as súas creacións
No acceso á mostra destaca poderosamente unha das obras mais emblemáticas do artista carnotán, a
renovada escultura "MAN”, creada polo artista carnotán para visibilizar a entrada da galería Stoupa e simbolizar a esencia da Costa da Morte, inspirándose , como o seu propio nome indica, no lembrado
artista alemán de Camelle, Manfred Gnädinger.
A mostra pódese visitar durante todo o mes de outubro de luns a sábado en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Stoupa