sábado. 09.11.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Fervenza de Castriz

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Recunchos da Costa: A Fervenza de Castriz

Unha das fiestras máis fermosas das Terras do Xallas dase no curso do río Mira. A 8 km do seu nacemento, nas chairas húmidas da lagoa de Alcaián, o Mira fai un singular salto escoltado pola clásica e agradable vexetación de ribeira. Faino 2km río abaixo antes do lugar de Outeiro, onde Mira verte as súas augas sobre o poderoso Xallas.

A de Castriz é unha fervenza ben acondicionada, accesible, que ten ademais unha cómoda área fluvial para disfrutar en familia, puidendo observar dende troitas a culebras, dende libélulas a miñatos, mentres preparas a comilona nas mesas cubertas e nas grellas.

A visita complétase coa serie de 7 muíños de máis de 200 anos de antigüidade, rehabilitados polo Concello en 2012, poñendo en funcionamento algún deles e identificando a cada un co nome que lle deron os veciños durante décadas (“O Rosete”, “Muíño do FC Ameixeiras” ou “O do Guicho”), recuperando tamén as súas canles e fontes. Os paneis informativos recén actualizados.

Polos arredores se pode facer algunha pequena ruta de sendeirismo, e mesmo polo lugar pasa a coñecida Vía Céltica.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Casa-do-Ghabino-Turismo-Rural.png
Foto: Casa do Ghabino

 

 

Como chegar

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios