Luns. 29.04.2024
El tiempo

Carnota ponse o traxe de Fin de Ano

Nadal Carnota Mercado
Carnota ponse o traxe de Fin de Ano

A piques de lanzar xa a programación de Nadal, o Concello de Carnota avanza xa como serán as propostas do Mercado de Nadal e a Noite de fin de ano.

O Mercado de Nadal terá de varios postos de comercios e artesanías locais que estarán o día 30 (en horario de mañá e tarde) e o 31 en horario de mañá, dentro da carpa. Contarán ademáis con dúas actuación musicais á cargo das Pandereteiras da ESMU e o Coro de Chan das Lamas, e teremos ao carteiro real para recibir á rapazada.

Para a Noite de fin de ano haberá música para todas as idades, xa que a partir das 00.30, dispois das uvas, comezará o dúo explosión para as persoas de máis idade que queren botar uns agarrados (ou soltos) na primeira noite do ano. Logo, virán os “leite con jalletas” para todos os ochenteros, noventeros e milenials, con versións das cancións máis coñecidas do país. E por último, ata o mencer, as persoas máis novas e os máis marchosas bailarán co DJ Chouriso Criollo.

Non faltarán os cotillóns, o chocolate con churros e o bo ambiente.

Todo cun servicio de bus e paradas nas parroquias, dende Muros e dende o Ézaro, con servizo de ida e volta ás 01.30 e ás 06.30.

Comentarios