Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carnota propón un Outubro de Letras Galegas

Programación_infantil_outubro-Concello de Carnota 2020
Carnota propón un Outubro de Letras Galegas

Imos recuperando a normalidade cultural á comarca e cada día vemos máis programas de cara a este outono. Como o da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Carnota, que presenta este convirte Outubro no mes das Letras, recuperando o programa que tiña armado para o 17 de maio, cunha serie de espectáculos en presencial para a infancia e para público adulto.

Carnota fai o propio que a Real Academia Galega, que adiou o acto de conmemoriación destas Letras Galegas 2020 en homenaxe a Ricardo Carvalho Calero para o 31 de outubro. Así, para os espectáculos cómpre facer reserva previa, para espectáculos infantís no 981 106 331 ou en [email protected], e para público adulto no 647 459 445.

Espectáculos para público infantil:

  • 2 de outubro, ás 17:30 h: A tortoise, un can, two monsters e un pícnic, de Pérez & Fernández. Espectáculo teatral para público infantil e familiar. Idade recomendada: a partir de 3 anos.
  • 8 de outubro, ás 17:30 h: Barquiño de pau, da Tropa de Trapo. Teatro de obxectos e música para a primeira infancia. Idade recomendada: de 0 a 6 anos.
  • 9 de outubro, ás 17:30 h: Unha maxia diferente, co Mago Paco. Espectáculo de maxia infantil e narración oral dende unha perspectiva de xénero. Idade recomendada: a partir dos 3 anos.
  • 23 de outubro, ás 17:30 h: Patrimonio natural, con Gloria Mosquera e Tomi López, de Mamá Cabra. Concerto de música infantil. Idade recomendada: a partir dos 3 anos.
  • 28 de outubro, ás 17:30 h: As pitas baixo a choiva, de Teatro Ghazafelhos. Adaptación teatral do relato de Ricardo Carvalho Calero. Idade recomendada: a partir dos 3 anos.

Espectáculos para público adulto

  • 16 de outubro, ás 21:00 h: Loló e mamá, con De Ste Xeito Producións. Espectáculo teatral de humor fino e acedo que aborda as relacións entre unha nai e unha filla.
  • 30 de outubro, ás 21:00 h: Epístola ás neofalantes, de Aldaolado. Espectáculo de poesía, música en directo e humor, no que as poetas Lucía Aldao e María Lado, coa retranca que as caracteriza, reflexionan sobre a situación actual da lingua galega e o seu futuro.

Comentarios