Venres. 18.06.2021
El tiempo

Carnota rexistrou un pequeno sismo

Sismo de 24 en Carnota
Carnota rexistrou un pequeno sismo

Tempos de movementos sismolóxicos no país. Despois dos terremotos de Laza, continúa habendo pequenos sismos. Como o que acontecía esta mañá de martes 25 de maio en Carnota.

Non se sentiu en terra, pero dende o IGN sinalan que o sismo tivo lugar ás 6:33h e foi dunha magnitude de 2,4 graos na escala de Richter. Unha cifra demasiado pequena para que xerase problemas en terra, pois ademais tivo lugar no mar, diante da costa sur de Lira.

A Policía Local non recibiu ningunha chamada de alerta por parte da veciñanza.

Novas relacionadas

comentarios