Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Carnota solicita a Costas axuda para manter as pasarelas, pide dúas novas sendas, e intenta axilizar o Hotel do Faro de Lariño

Reunion do alcalde de Carnota con Rafael Eimil
Reunion do alcalde de Carnota con Rafael Eimil
Carnota solicita a Costas axuda para manter as pasarelas, pide dúas novas sendas, e intenta axilizar o Hotel do Faro de Lariño

Este xoves, o Xefe de Demarcación de Costas de Galicia, Rafael Eimil, achegouse a Carnota para falar da conservación e mellora do borde litoral carnotán. Por un lado, o alcalde Juan Manuel Saborido “Moma”, trasladoulle unha queixa habitual nos concellos pequenos: o custe do mantemendo de infraestruturas como as pasarelas de madeira no litoral é demasiado para eles.

Moma recordou que zonas como o paseo do Pindo, a ponte de Boca do Río (que data do Prestige), ou paseo de Lira (do 2011) non teñen mantemento ningún. A man de obra e os materiais son un custe demasiado alto para as arcas municipais, por iso solicitou axuda, a ver se a través de Tragsa ou outras entidades, a Costas.

Unión entre O Pindo e o Ézaro

Aproveitou para solicitar a petición de novas infraestruturas. O alcalde quere recuperar un proxecto do 2006, para realizar unha senda que enlace o Pindo e o Ézaro, cunha parte dunha pasarela-voladizo, e outra zona de beirarrúa ata a ponte. Un paseo que servirá de paseo pero tamén mellorará a seguridade vial.

Outra das infraestruturas pedidas, sería continuar o paseo dende Mar de Lira, ata o principio da praia de Carnota, na Malladoira. Este sería “un paseo moi sinxelo, aproveitando os camiños dos mariñeiros, en zona de servidume”. Costas enviará aos enxeñeiros preparar un proxectos e analizar as propiedades.
Con este paseo poderíase ir pola Costa dende Punta Insua ata Caldebarcos.

Acelerar o Hotel no Faro da Insua

Moma preguntou tamén polo estado da licencia administrativa da apertura hoteleira do Faro de Lariño, coa intención de axilizar un asunto que leva case 2 anos en pausa. Eimil derivoulle a falar o asunto na Dirección Xeral de Madrid, onde poderá preguntar pola licencia, tendo que facer un xadrez de administracións entre a Autoridade Portuaria, Costas e Fomento. “Se un resolve, outro resolve, pero mentres non o faga unha administracións as outras van esperar”, lamenta un Moma algo canso de tanda burrocracia.

En todo caso, confían “en que a vermos que Corrubedo saíu adiante, poida servir de palanca para isto. Se me convocan mañá, xa vou mañá.

Hórreo

Ao colgar o teléfono, Carnota celebra unha xunta de goberno local para aprobar a licencia municipal da obra de reforma da cuberta do esfolado hórreo de Carnota. Un requisito que pediu a Dirección de Patrimonio da Xunta, para poder licitar a obra, noutra demostración do labirinto burrocrático que teñen que superar as administracións (aquí coa Igrexa polo medio, ademais), para solventar os problemas.

Novas relacionadas

Comentarios